THE IDAN RAICHEL PROJECT
Worl music / Israel
EMILY LOIZEAU
Pop - Chanson / Francia
SLARAFFENLAND
Pop / Dinamarca
NANI GARCÍA: CINEMATOJAZZÍA
Jazz / Galiza
FUXAN OS VENTOS
Folk - Tradicional / Galiza
MALVELA
Folk - Tradicional / Galiza
LINHO DO CUCO
Música Popular / Galiza
OPHIUSA
Folk - Tradicional / Galiza
OUTRAS PROPOSTAS:
'AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA
ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA'
Teatro Infantil - Música Clásica / Galiza
METROPOLITAN / MEDIA / MOVEMENT
Multidisciplinar / Galiza
Bio
Dispoñibilidade
Line up / rider
Discografía
Audio / Video
Fotos
Prensa
Web
MySpace
Contratación:
Carlos Montilla
carlos@nonsi.es
Tel. (+34) 981 578 281 / (+34) 615 098 921

Counterviews é unha observación de certas parcelas dos días que corren por mediación de xente que vive e crea en diversos ámbitos urbanos e artísticos dende diferentes puntos do mundo, agrupados baixo o nome de Metropolitan / Media / Movement.
A visión “homo-metropolitana” do evento Counterviews toma como punto de referenza e partida a obra New York Counterpoint, de Steve Reich, a raíz dun encontro previo entre o clarinetista Xaquín Meijide e o pintor Guillermo Aymerich. Foi en 2002 cando ámbolos dous conciben un encontro entre pintura, fotografía e música para a inauguración da exposición do pintor, onde o músico interpretou a obra de Steve Reich que se estrutura en xogos numéricos entre o 3 e o 11: tres actos, once voces de clarinete (dez gravados en cinta e un en directo). A estructura é coincidente coa da obra pictórica Aproximación á auga, que se compón asimesmo de tres elementos: fotografías monocromáticas (33 cores do mar de Vigo clasificadas segundo tons: claro / medio / escuro), tres mosaicos fotográficos a modo de collage - pintura (empregando once veces cada una das 33 fotografías, de novo segundo a clasificación claro / medio / escuro) e cadros ao óleo (33 pinturas realizadas tan só con tres cores (dúas complementarias –cálido / frío– e branco). A este punto de encontro inicial súmanse a danza e o video para pechar e definir o espectáculo que agora se presenta.
Counterviews complétase con outras pezas onde os clarinetes son os principais protagonistas: N.Y. Counterpoint (11’, Steve Reich, 1985), Grab it (10’, Jacob Terveldhuis, 1999), High light (10’, Thanos Polimeneas Liondiris, 2007), Press release (10’, David Lang, 1993) e Partial truths (17’, Ezan Ziporyn, 1997).