Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela é una obra dramática dirixida ao público infantil escrita por Manuel María e que vén de ser musicada por Nani García en nove cadros para voz narrada e cuarteto de  clarinetes. A narración do texto corre a cargo da actriz María Inés Cuadrado, e a parte musical é interpretada polo cuarteto de clarinetes Xerión.

A proposta que fai a Compañía ‘A Xente das Palabras' para este clásico da literatura infantil galega é a dunha lectura dramatizada da palabra do poeta da Terra Chá, que está enmarcada pola composición para o cuarteto de clarinetes integrado por Juan Pérez, Lola García, Mariola Gila e Xaquín Meijide, potenciando a acción dramática e ofrecendo aos pequenos e grandes espectadores a posibilidade de desfrutar da música vencellada á palabra falada.

A estrea da peza dramática enmárcase na celebración de “Versos para sempre cantar: homenaxe a Manuel María”, que dende a Fundación Manuel María de Estudos Galegos propón diferentes actividades artísticas para repasar e conmemorar a obra do poeta.

DISTRIBUCIÓN E CONTRATACIÓN:

Nonsí? Servizos Culturais


Contacto:

Noa Díaz
noa@nonsi.es
Tel. (+34) 981 578 281 / (+34) 606 672 041

www.nonsi.es