THE IDAN RAICHEL PROJECT
Worl music / Israel
EMILY LOIZEAU
Pop - Chanson / Francia
SLARAFFENLAND
Pop / Dinamarca
NANI GARCÍA: CINEMATOJAZZÍA
Jazz / Galiza
FUXAN OS VENTOS
Folk - Tradicional / Galiza
MALVELA
Folk - Tradicional / Galiza
LINHO DO CUCO
Música Popular / Galiza
OPHIUSA
Folk - Tradicional / Galiza
OUTRAS PROPOSTAS:
'AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA
ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA'
Teatro Infantil - Música Clásica / Galiza
METROPOLITAN / MEDIA / MOVEMENT
Multidisciplinar / Galiza
Bio
Dispoñibilidade
Line up / rider
Discografía
Audio / Video
Fotos
Prensa
Web
MySpace
Contratación:
Noa Díaz
noa@nonsi.es
Tel. (+34) 981 578 281 / (+34) 606 672 041

Case dúas décadas despois de que o grupo fixese a súa última actuación, o espectáculo Terra de soños brinda a oportunidade de desfrutar de Fuxan os Ventos tanto á xente que os coñece, lembra e hoxendía os ten aínda presentes como ás novas xeracións que, por veces sen seren conscientes do que significou o grupo para a música tradicional galega, herdaron cantos populares como A Carolina ou Sementeira, que xa forman parte do ouvido musical deste país. Fuxan os Ventos foi, nomeadamente, un grupo comprometido coa identidade de Galiza e cos atrancos que esta sociedade tivo que superar ao longo da súa historia recente. Foron, e son, un grupo que soubo, coas súas cantigas rescatadas do olvido dos tempos, chegar a todas as capas da sociedade e en galego, algo impensábel na metade da década dos setenta.
Co espectáculo Terra de soños, Fuxan os Ventos volven subir aos palcos e ao tempo darán saída ao traballo discográfico homónimo, coa edición da primeira das actuacións en directo en formato digipack (CD, DVD e libriño). Fuxan os Ventos conta no seu regreso co acompañamento dunha banda dirixida por Xosé Lois Romero, artífice tamén dos arranxos instrumentais para este proxecto.
Con oito discos editados e una traxectoria de máis de trinta anos, Fuxan os Ventos xa traspasou fronteiras e xeracións. Porén, o recoñecemento e a posta en valor da súa achega á cultura galega contemporánea, dende una visión renovada e actualizada, é hoxe cando se presentan máis que necesarios.