Copyright © 2008 Nonsi? Servizos Culturais | Tel.: (+34) 981 578 281 | info@nonsi.es | Deseño Nonsí? Comunicación

THE IDAN RAICHEL PROJECT
Worl music / Israel

EMILY LOIZEAU
Pop - Chanson / Francia

SLARAFFENLAND
Pop / Dinamarca

NANI GARCÍA: CINEMATOJAZZÍA
Jazz / Galiza

FUXAN OS VENTOS
Folk - Tradicional / Galiza

MALVELA
Folk - Tradicional / Galiza

LINHO DO CUCO
Música Popular / Galiza

OPHIUSA
Folk - Tradicional / Galiza

OUTRAS PROPOSTAS:
'AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA
ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA'

Teatro Infantil - Música Clásica / Galiza

METROPOLITAN / MEDIA / MOVEMENT
Multidisciplinar / Galiza

 


gal | esp | eng

Bio
Dispoñibilidade
Line up / rider
Discografía
Audio / Video
Fotos
Prensa
Web
MySpace

Contratación:
Carlos Montilla
carlos@nonsi.es
Tel. (+34) 981 578 281 / (+34) 615 098 921

Anque o nome de Linho do cuco comeza agora a gañar un lugar destacado no panorama da música tradicional galega, o certo é que a formación conta cunha dilatada traxectoria, de case quince anos. O grupo naceu en forma de cuarteto de pasarúas, ata converterse no que é a formación actual: unha sorte de “murga” tradicional, á que engaden sonoridades coma as da zanfona ou o acordeón diatónico. Nos seus comezos o grupo tiña como obxectivo recoller e recuperar a música tradicional das terras de Tabeirós e de Montes. Andado o tempo, o xérmolo da banda fortaleceuse coa incorporación de novos membros, relacionados co Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.

No ano 2005 editan co selo Nacra o seu primeiro disco homónimo, no que colaboran músicos tan salientables coma Pedro Pascual (Marful) ou Óscar Fernández (Os Cempés, bOnOvO). A día de hoxe, están a punto de rematar o que será o seu segundo disco, co que darán un xiro cara a sonoridades “bandísticas”, introducindo platos, oboe ou frauta traveseira e tamén dando un novo aire ao repertorio e aos arranxos.

Despois do seu paso por numerosos festivais do territorio galego (Festival de Riotorto, Festival de Bretoña, A Marosa, As Nosas Músicas, A Esmorga Folk, etc.), participan en 2007 no circuito ‘4x4’. Ese mesmo ano tocan tamén en Barcelos (Portugal), nas Jornadas de Musicología Kodaly.

En 2008 continúa o seu periplo por Europa, actuando no Festival Intercéltico de Lorient (onde acadan un destacado terceiro premio na categoría de grupos noveis) e con parada noutras cidades como Xenebra.