THE IDAN RAICHEL PROJECT
Worl music / Israel
EMILY LOIZEAU
Pop - Chanson / Francia
SLARAFFENLAND
Pop / Dinamarca
NANI GARCÍA: CINEMATOJAZZÍA
Jazz / Galiza
FUXAN OS VENTOS
Folk - Tradicional / Galiza
MALVELA
Folk - Tradicional / Galiza
LINHO DO CUCO
Música Popular / Galiza
OPHIUSA
Folk - Tradicional / Galiza
OUTRAS PROPOSTAS:
'AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA
ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA'
Teatro Infantil - Música Clásica / Galiza
METROPOLITAN / MEDIA / MOVEMENT
Multidisciplinar / Galiza
Bio
Dispoñibilidade
Line up / rider
Discografía
Audio / Video
Fotos
Prensa
Web
MySpace
Contratación:
Noa Díaz
noa@nonsi.es
Tel. (+34) 981 578 281 / (+34) 606 672 041

Ás veces as aldeas perden a voz que lles é própria. Dende Sanguiñeda, Malvela é unha xanela aberta a través da que saen limpos e frescos eses cantos vellos e a forza natural destas mulleres empeñadas en non deixalos esmorecer, en encher de alegría ese anaquiño de Mos que sempre precisou das súas voces e da súa presenza. É este un grupo de mulleres de distintas xeracións preocupadas por rescatar os cantos vellos da súa comarca, perseverando na teima de non deixalos esmorecer e de arquivar todo o patrimonio musical e etnográfico da bisbarra de Mos.
Amáis das voces da señora Carmen que vén de editar un disco en solitario baixo o título de Na flor dos meus anos, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Carme, Lina, Maruxa, Aurita, Dina, Teresa, Merchi, Adela e Juaniña, Malvela conta cunha variada formación instrumental na que se atopan Gustavo Domínguez ao acordeón e á zanfoña, Raquel Domínguez á gaita e as frautas, Pablo Ces ao bombo, Anxo Pardo ao tambor e ás tarrañolas, Abilio Santos ao cavaquiño, á viola braguesa, á harmónica, ao adufe e á voz; e, por último, Ana Senlle á percusión e na dirección vocal.
Tanto nos discos como nos directos, Malvela transmite un ambiente festivo ao que contribúe tamén o feito de ter xuntado distintas xeracións de mulleres, dende a veteranía dos oitenta e dous anos da señora Carmen até os vinteseis da gaiteira Raquel, a máis nova. Elas e todas as demáis rescatan eses cantares vellos coa súa forza e convicción naturais, que empregan ben a fondo cada vez que pisan un palco. Un concerto de Malvela é sempre participativo, unha ocasión única para desfrutar da mellor música popular de Galiza. Elas fan posible que a tradición musical galega reviva con frescura e espontaneidade e que chegue a todo tipo de públicos.