gal | esp | eng

Síguenos en:

Síguenos en:

Copyright © 2008 Nonsi? Servizos Culturais | Tel.: (+34) 981 578 281 | info@nonsi.es | Deseño Nonsí? Comunicación

Nonsí? estará presente na inauguración de 'Afro Modern' con Katembe Project, no CGAC

A tradición ten un enorme peso na concepción da música dos lusófonos Katembe Project (Angola), que o venres 16 de xullo, a partires das 20:00 h, inauguran no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a exposición ‘Afro Modern. Journeys through the Black Atlantic'.
________________________________________________

O espectáculo Terra de Soños, de Fuxan os Ventos, nas festas de Ourense

O sábado 26 de xuño Fuxan os Ventos estarán de novo sobre o escenario, nesta ocasión nas festas de Ourense. Acompañando ao grupo estarán Guadi Galego, Uxía, Xabier Díaz, Rodrigo Romaní, Pepe Ferreirós, Sabela e Miguel Lustres. A partir das 22:00 h. Entrada de balde.
_______________________________________________________

Linho do Cuco presentan as pezas do seu novo disco, 3, na Estrada

Linho do Cuco estarán de novo na Estrada (Pontevedra) para presentar os temas do seu novo traballo discográfico, de nome 3. O concerto, que terá lugar o sábado 26 de xuño, enmárcase no programa de festas da localidade pontevedresa. Máis información en www.sanpaio.aestrada.com.

John McSherry ocupará o espazo de Solas na programación do Festival Intercéltico do Morrazo

Por motivos allenos á organización, a actuación do grupo estadounidense Solas no Festival Intercéltico do Morrazo, que estaba prevista para o sábado 31 de xullo, acaba de ser cancelada. O seu lugar na programación ocuparano o irlandés John McSherry e a súa banda. McSherry é o intérprete de uilleann pipes ou gaita irlandesa máis aclamado do mundo: fundador dos xa míticos Lúnasa, entroutros grupos de música tradicional, a súa arte na improvisación ten sido comparada en ocasiones coa do xenio do jazz John Coltrane.