THE IDAN RAICHEL PROJECT
Worl music / Israel
EMILY LOIZEAU
Pop - Chanson / Francia
SLARAFFENLAND
Pop / Dinamarca
NANI GARCÍA: CINEMATOJAZZÍA
Jazz / Galiza
FUXAN OS VENTOS
Folk - Tradicional / Galiza
MALVELA
Folk - Tradicional / Galiza
LINHO DO CUCO
Música Popular / Galiza
OPHIUSA
Folk - Tradicional / Galiza
OUTRAS PROPOSTAS:
'AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA
ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA'
Teatro Infantil - Música Clásica / Galiza
METROPOLITAN / MEDIA / MOVEMENT
Multidisciplinar / Galiza
Bio
Dispoñibilidade
Line up / rider
Discografía
Audio / Video
Fotos
Prensa
Web
MySpace
Contratación:
Noa Díaz
noa@nonsi.es
Tel. (+34) 981 578 281 / (+34) 606 672 041

Cóllanse por un lado os estilos musicais que catro melómanos poden ter escoitado ao longo das tres décadas que levan sobre o mundo. Inxíranse con fruición e sen deixar que arrefríen, mastíguese ben, e por último, regurxítense debidamente aderezadas cun enorme respecto pola cultura musical tradicional do noso país, tomándoa como base, pero tendo tomado antes a pílula “antiendogámica”.
O que estas a escoitar é o primeiro disco de Ophiusa. Un traballo no que se poden percibir as esencias do que é galego de seu. Pero no que tamén se recoñecen aromas de swing, de reggae, de bluegrass, todas elas músicas populares, músicas do pobo. Ophiusa é, xa que logo, un espello onde se mira a cultura popular do pobo, dos barrios, onde realmente se debulla a vida coma unha mazaroca de millo. Este disco é tamén un percorrido, unha conxura, unha catarse en certo sentido. Pedímonos contas a nós mesmos para perpetuar os nosos recordos máis sobranceiros, os máis preciosos. É unha escusa para representar en forma de música ao noso primeiro amor que xogaba nas randeeiras mentres nós argallábamos como achegarnos a ela. É facerlle unha homenaxe á sensación que nos embargou cando por fin tivemos a nosa primeira bicicleta. Ás tardes de verán no río, aos trompos no outono, ás merendas ao volver da escola. En definitiva, unha homenaxe ás persoas e cousas que nos fixeron ser coma hoxe somos. A todos.